BREVE REXUMO DO PROXECTO

Falase da Industria 4.0 coma visión do futuro. Dende o punto de vista da automatización pura, non se trata dunha  revolución inminente, senón dun desarrolo evolutivo, que xa está preparado para traballar na rede hoxe en día. Temos exemplos de sistemas hidráulicos controlados a través de software que integran numerosas funcions de control e lóxica de movementos que soían ser controladas hidromecánicamente. As particularidades da tecnoloxía de fluidos compensanse de maneira automática. Estos controles descentralizados realizan as suas tarefas por sí sos e comunicanse con controles de nivel superior e sistemas maestros a través das interfaces de comunicación abertas.
Dado o volume de información e a complexidade que se manexa nos procesos hidráulicos, a realidade aumentada axiliza o acceso á información técnica necesaria para resolver os problemas que plantexan as instalacións hidráulicas industriais.
Dado o uso e potencilidade dos smartphones, accesibles na actualidade a todolos usuarios e a sua ubicuidade a toda a información, neste caso aplicase a realidade aumentada e a tecnoloxía mobil nos procesos industriais hidráulicos.
A Realidade Aumentada (RA) aporta información añadida a un espacio real.A aplicación das tecnoloxías inmersivas favorece un aprendizaxe mental e locomotriz máis efectivo. De aí o seu potencial como método de formación e entrenamento de traballadores sen asumir o risco e o custo que supón facelo directamente nos procesos de fabricación final. A RA tamén se aplica en operacións de mantemento mediante a visualización das instalacions con información engadida sobre o seu estado. Do mesmo xeito a reparación de avarías con manuais de apoio dixitais diminúe os tempos de espera, con conseguiten aforro de tempo e recursos. Non podemos esquecer a axuda ó control de calidade mediante a visualización superposta de compoñentes e favorece a seguridade laboral, pois contribúe á prevención de accidentes ademais de ofrecer información decisiva en situaciones de emerxencia.